Max

Barcelona, 1956

Francesc Capdevila 'Max' é unha das figuras máis relevantes do cómic español, polifacético ilustrador, deseñador e historietista. Dende os seus inicios cando en 1973 se uniu ao grupo El Rollo e o seu fanzine contracultural El Rollo Enmascarado, e influido pola obra de Robert Crumb, colaborou en revistas como Mata Ratos, Star, Butifarra e Integral. Foi un dos fundadores, en 1979, de El Víbora, onde xurdiron os personaxes de Gustavo e Peter Pank. Polo camiño foi sumando as influencias artísticas de Yves Chaland e Ever Meulen. Colabora co diario El País e co suplemento cultural Babelia. Recibiu o Premio Nacional de Ilustración Infantil en 1997 e o Premio Nacional de Cómic en 2007. A súa obra, exposta en diversos países europeos, obtivo numerosos recoñecementos no Salón do Cómic de Barcelona.

Other books from the same author in Spanish