Gabriela Mistral

Vicuña (Chile), 1889; Nova York (Estados Unidos), 1957

Lucila Godoy Alcayaga, literariamente coñecida como Gabriela Mistral, comezou a escribir versos con trece anos. Dende moi nova exerceu como mestra rural, ata que abandona Temuco para dirixir unha escola na capital, mentres publica os seus primeiros poemas en xornais locais e colabora coa prensa internacional. Representou a Chile no Comité de Cooperación Intelectual da Liga de Nacións. En 1922 o goberno mexicano invitouna a traballar cos intelectuais máis destacados do mundo hispanofalante. Volveu tras unha xira por Estados Unidos e Europa, pero volveu marchar ante a situación do seu país. Entre as súas principais obras figuran "Desolación" (1922), "Ternura" (1924), "Tala" (1938) e "Lagar" (1954); o seu talento literario valeulle o Premio Nobel no ano 1945. A partir de entón, Gabriela Mistral sería coñecida como unha escritora vivamente preocupada polo destino de toda Hispanoamérica. Ofreceu numerosas conferencias, dictou cursos en importantes universidades e ocupou influíntes cargos diplomáticos, sen deixar nunca a súa actividade poética, que rematou con "Poema a Chile", publicado unha década despois da súa morte.

www.gabrielamistral.uchile.cl

Other books from the same author in Spanish