Xosé Neira Vilas

Vila de Cruces, 1928; Gres, 2015

Residiu 43 anos en América: Bos Aires (1949-1961), onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas; A Habana (1961-1992), onde creou e dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Foi recoñecido co Premio da Crítica e da Crítica Galega. Súas son obras fundamentais como "Memorias dun neno labrego" (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega. Cultivou tamén a narrativa para adultos e para público infantil, a poesía, artigos xornalísticos, traballos de investigación sobre emigración ou historia galega, e memorias da súa traxectoria profesional e vital. [Foto: Fundación Xosé Neira Vilas]

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/

Other books from the same author in Spanish