Jacques Prévert

Neuilly-sur-Seine, 1900; París, 1977

Poeta, autor teatral e guionista cinematográfico. A partir da década de 1920 participou en París no movmento surrealista, xunto con Raymond Queneau e Marcel Duhamel. Atribúselle a creación de prácticas artísticas como o "cadáver exquisito". En anos seguintes pertenceu ao grupo de teatro Octubre. Escribiu varias piezas para o director de cine Marcel Carné, entre os que figuran "Les enfants du paradis" (1945). Entre os seus libros máis coñecidos están "Paroles" (1946), algúns de cuxos poemas foron interpretados por músicos e cantantes como Joan Baez. Os seus versos tratan sobre a vida en París despois da II Guerra Mundial. O seu estilo xoga coas palabras e coa linguaxe, recorre a neoloxismos, dobres significados e metáforas insólitas que lle dan un sentido do humor especial.

Other books from the same author in Spanish