Mariana Ruiz Johnson

Bos Aires, 1984

Estudou Artes Visuais no Instituto Universitario Nacional de Arte, en Bos Aires. Formouse na escola Sótano Blanco co ilustrador colombiano José Sanabria e asistiu a workshops de ilustración en Europa. Imparte clases de procesos creativos en Sótano Blanco e outros seminarios de técnicas nesta mesma academia. Ademais do VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 2013 por "Mamá" (KALANDRAKA), en 2009 foi finalista do Premio A la Orilla del Viento de Fondo de Cultura Económica e no 2015 gañou o Silent Book Contest. Publicou varios libros da súa autoría con editoriais latinoamericanas, europeas e asiáticas.

http://marianarj.blogspot.com.es/

Other books from the same author in Spanish