Títeres Tanxarina

Fundado en 1983 por ex-alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de monicreques de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, é un dos grupos máis prestixiosos deste xénero, dentro e fóra de Galicia. Especializado en espectáculos para público infantil, xuvenil e familiar, os actores (Andrés Giráldez, Eduardo Alberto Rodríguez 'Tatán' e Miguel Borines) combinan diversas técnicas de animación de bonecos coa faceta actoral e a relación escénica entre títeres e actores. Así logran máis forza expresiva e comicidade nas súas actuacións con monicreques de fíos, títeres de luva ou de varillas, sombras chinesas ou bunrakus, como se coñece o teatro de monicreques xaponés. Actúan nos principais festivais nacionais e internacionais. Colaboran nas montaxes doutras compañías de teatro de actor, e en producións audiovisuais de cine, televisión, publicidade ou doblaxe. Imparten cursos de construción e manipulación de títeres, monicreques, máscaras e cabezudos. Dende o ano 2000 dirixen o Festival Internacional de Títeres de Redondela, actualmente centrados na parte artística. A compañía recibiu o Premio Xeración Nós, o Premio Xiria e o Premio María Casares, entre outros galardóns. 

http://www.tanxarina.es

Other books from the same author in Spanish