Antonio Vivaldi

Venecia, 1678; Viena, 1741

Antonio Lucio Vivaldi foi un neno de saúde delicada, que padecía unha grave afección asmática. Estudou música dende pequeno, primeiro co seu pai, que era violinista, e probablemente tamén co compositor e organista Giovanni Legrenzi.Era tal o seu virtuosismo que aos 25 anos xa foi nomeado "mestre de violín" e comezou a dar clases nun conservatorio e nunha escola para nenas orfas. Coa súa sona e o seu prestixio en aumento, en 1716 obtivo o título de "mestre de concertos" e comezou unha serie de xiras por toda Italia nas que o acompañaba a soprano Anna Giraud, con quen tivo unha grande amizade e que o acompañaría ata o final dos seus días. Foi coetáneo de importantes músicos europeos como Johann Sebastian Bach, Georg F. Handel ou Domenico Scarlatti. O seu legado musical componse de 600 concertos, 100 óperas e moitas obras para varios instrumentos. Entre todas as súas pezas, "As catro estacións" destaca pola beleza dos sons, que á vez vannos introducindo nun imaxinario paseo pola natureza. Esta obra está considerada actualmente como un dos mellores exemplos da música instrumental do Barroco.

Other books from the same author in Spanish