Sarah Webster

Los Ángeles (EEUU), 1961

Estudou no Centro Experimental de Cinematografía de Cinecitta (Italia) e fixo un Master de Animación nos Anxeles (California). A súa curtametraxe de animación "The Night Voice" foi nominada aos Oscar en 1994. Traballou como artista visual nos estudos de Peter Gabriel, en Inglaterra, e como directora de arte en San Francisco. Foi asistente de vestiario na película "La voce della luna", de Federico Fellini. Compaxina a súa faceta de ilustradora coa animacion e a dirección artística para publicidade e televisión. “Unha pantasma con asma”, publicado por Kalandraka, foi o seu primeiro álbum ilustrado para nenos.

Other books from the same author in Spanish