John Boyne

Dublín, 1971

Estudou Literatura Inglesa no Trinity College de Dublín, e Escritura Creativa na Universidade de East Anglia, en Norwich. Ten publicadas sete novelas, entre as que destacan varios best-sellers internacionais, como "Motín na Bounty", editada en galego por FAKTORÍA K, "The house of special purpose" e "O neno do pixama a raias", que foi traducida a máis de corenta dúas linguas. Tres anos despois da súa publicación en galego na colección de narrativa de FAKTORÍA K, xa vai pola súa sétima edición. Esta obra converteuse axiña nun fenómeno editorial ao vender máis de cinco millóns de exemplares en todo o mundo. "O neno do pixama a raias" gañou dous 'Irish Book Award' e foi finalista dos premios 'Borders Original Voices' e 'Ottakar's Children's Book Prize'. Tamén encabezou a lista dos libros máis vendidos do diario The New York Times e foi levada ao cine pola prestixiosa produtora Miramax. Por outro dos seus títulos, "Index on Censorship", John Boyne foi proposto tamén ao Premio Ungari Unicef e á Medalla Carnegie.

http://www.johnboyne.com/