Xosé Cobas

Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953

Pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo as súas obras en distintas galerías e centros de arte de España, Europa e Latinoamérica. Os seus inicios na ilustración foron en prensa diaria. A finais dos 80 comezou a traballar como ilustrador de literatura infantil e xuvenil. Dende 1991 é deseñador gráfico da Deputación da Coruña. Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun cento de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluido en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.

http://www.xosecobas.es

Other books from the same author in Spanish