Rosalía de Castro

Santiago, 1837; Padrón, 1885

Formouse na Sociedade Económica de Amigos do País e frecuentou o Liceo da Xuventude, onde estivo en contacto cos intelectuais da época. Casou co galeguista Manuel Murguía en 1858 e comezou a escribir os seus primeiros poemarios. A publicación de "Cantares gallegos" en 1863 marcou o inicio do primeiro Rexurdimento galego que crebou co fracaso da Revolución do 68 e a Restauración. O seu derra-deiro poemario galego, "Follas novas", publicouse na Habana e Madrid en 1880. O seu legado contén unha importante obra en español, poética e narrativa. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres. No centenario da publicación de "Cantares gallegos" a Real Academia Galega consagrou o 17 de maio á celebración do Día das Letras Galegas.

http://rosalia.gal