Celso Emilio Ferreiro

Celanova, 1912; Vigo, 1979

Estudou Dereito en Santiago e Oviedo. Na súa mocidade destacou polo compromiso político que mantivo, parello ao labor literario. En 1948 fundou en Pontevedra a colección de poesía Benito Soto. Ao ano seguinte instalouse en Vigo e empezou a publicar a súa obra poética, entre a que destacan "O soño asulagado" e "Longa noite de pedra", convertida nun símbolo da corrente socialrealista. En 1966 exiliouse en Venezuela, onde publicou títulos de tono satírico como "Viaxe ao país dos ananos" e "Cantigas de escarnio e maldicir". Regresou a España en 1973; desa época son poemarios como "Onde o mundo se chama Celanova". Os dous únicos libros de narrativa son "A fronteira infinda" (1972) -que FAKTORÍA K publicou en castelán- e "A taberna do galo" (1978). Dirixiu a Aula de Cultura Galega no Ateneo de Madrid e colaborou co diario ABC como crítico literario. O seu legado literario mereceu que se lle adicara o Día das Letras Galegas en 1989.