Ana Frank

Frankfurt, 1929; Berger-Belsen, 1945

Cando tiña un ano, mudouse coa súa nai e coa súa irmá maior a Amsterdam para reunirse co seu pai, fuxindo de Alemaña a raíz de que os nazis accederan ao poder. O día que cumpriu 13 anos regaláronlle un caderno que empezou a escribir a modo de diario. Ao mes seguinte, ela e mais a súa familia ocultáronse nunha estancia secreta no edificio número 163 da rúa Prinsengracht; alí foi onde se volcou no seu diario, narrando experiencias e pensamentos. Tres meses antes de que seren descubertos, arrestados e deportados, decidira ser escritora e comezara a editar o seu diario coa idea de publicalo despois da guerra. O último apunte foi o 1 de agosto de 1944. Morreu a principios de marzo de 1945 no campo de concentración de Bergen-Belsen, logo de ter pasado polos de Westerbork e Auschwitz. O seu pai, Otto Frank, único supervivente da familia, publicou o diario da súa filla en 1947.