Antonio Lozano

Tanxer, 1956

Licenciado en Tradución e Interpretación, reside en Agüimes (Gran Canaria). Foi director do Festival del Sur - Encuentro Teatral Tres Continentes, ao que segue vencellado, e dirixe o Festival Internacional de Narración Oral Cuenta con Agüimes. Coa súa primeira obra, "Harraga", gañou o I Premio Novelpol de novela negra e recibiu unha mención especial no Premio Memorial Silverio Cañada 2003. Ademais, obtivo o I Premio Internacional de Novela Negra Ciudad de Carmona por "El caso Sankara" e tamén foi finalista do I Premio Brigada 21. Estivo nominado aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Autoría Teatral polo seu guión para a adaptación de "Eu son Suleimán", producido en castelán por Unahoramenos que, con esta representación, gañou seis Premios Réplica 2015.