Antoni Marí

Eivisa, 1944

É catedrático de Teoría da Arte na Universidade Pompeu Fabra e, na actualidade, unha das voces máis destacadas da escena poética europea e peninsular. Entre outros, publicou os ensaios L'home de geni (1984), La voluntat expressiva (1988), Formes de l'individualisme (1994) ou La vita dels sentits (2004); en narrativa, El vas de plata (1991, Premio Cidade de Barcelona e Serra d'Or), El camí de Vicennes (1995, Premios Prudenci Bertrana e Serra d'Or) e Entspringen (2000). Como poeta, deu ao prelo o ciclo en tres movementos El preludi (1979), Un viatge d'hivern (1989, Premio da Crítica Española) e El desert (1997, Premio El Caballo Verde para la Poesía), reunidos posteriormente en Tríptic des Jondal (2003), publicado en galego por TAMBO.