José Manuel Mateo

Ciudad de México, 1970

Doutor en Letras pola UNAM e profesor-investigador no Colexio de San Luis, A.C. É autor de libros infantís, antoloxías de divulgación da poesía e cadernos de poemas. Tamén escribe artigos e ensaios sobre lírica tradicional e poesía mexicana contemporánea, especialmente sobre a obra de José Revueltas. Dirixe o selo editorial IdeaZapato. As súas obras recibiron, entre outros galardóns, o VII Premio Internacional de Ensaio 2011 de Siglo XXI Editores, e o Premio Internacional de Libro Ilustrado da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Cidade de México nas edicións de 2011 e 2012, máis unha mención especial na última edición, aos que se suman o Premio Novos Horizontes 2012 da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, e o Premio Antonio García Cubas do Instituto Nacional de Antropología e Historia de México. 

Other books from the same author in Spanish