Migallas Teatro

A creación de Migallas como grupo de teatro afeccionado data de 1992 e dende 1996 é unha compañía profesional fundada por María Campos e Carlos Yus. Na súa traxectoria suman máis dun milleiro de actuacións por toda Galicia. Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e sesións de contacontos, realizan talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios; é o caso da actividade "Á procura do tesouro" en Pontevedra, que coordinan dende o ano 1999 e pola que xa pasaron máis de 2000 rapaces e rapazas de 4 a 16 anos. Tamén realizan visitas culturais teatralizadas polo Centro Histórico e polo Museo de Pontevedra. Gravaron o disco "Canta connosco!" en 1996 e editaron o libro "Un avó especial", a partir dunha das súas obras, sobre a doenza do Alzheimer.

http://www.migallas.com/