Jill Murphy

Londres, 1949

A súa inclinación pola literatura e polo debuxo remóntase á nenez. Estudou en escolas de arte de Londres. A saga "A peor bruxa" foi o seu primeiro éxito editorial, con millóns de exemplares vendidos e unha serie de televisión baseada nos seus libros. Os personaxes de "Cinco minutos de paz" tamén tiveron unha versión audiovisual. Recibiu, entre outros recoñecementos, a medalla Kate Greenaway en 1980, 1987 e 1994, o premio Parents Magazine Best Book, e os galardóns Smarties Book, Sheffield Children's Book Award e Gateshead Gold Award.

Other books from the same author in Spanish