Boniface Ofogo

Omassa (Camerún)

Naceu e criouse nunha aldea do interior de Camerún. Chegou a España en 1988 para estudar Filoloxía Hispánica e en 1992 comezou a traballar como narrador. Exerceu de Mediador Intercultural no Concello de Madrid, pero dende 2005 adícase en exclusiva a percorrer escolas, bibliotecas e centros culturais relatando historias de valor didáctico e cultural. É especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra. Actuou por toda España (Maratón de Contos de Guadalaxara, o Fórum das Culturas de Barcelona en 2004, os Festivais de Oralidade de Xaca e Elxe). Tamén visitou Francia, Brasil, Costa Rica, Colombia e Arxentina.

http://www.boniofogo.com

Other books from the same author in Spanish