Pablo Otero

Ourense, 1970

Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os seus debuxos, esculturas e pinturas expuxéronse en diversas galerías galegas. A súa traxectoria artística tamén está relacionada coas escenografías para teatro e a creación de cartaces. Recibiu, entre outras distincións, o 1º premio de escultura no I Salón de Arte Xove de Ourense (1992) e un accésit do Premio Lazarillo. Como ilustrador, destacan títulos como "O príncipe das sombras", "Gramática da fantasía", "Contos por teléfono" (Premio Isaac Díaz Pardo de Ilustración 2011, Asociación Galega de Editores) e, tamén como autor, "ABCdiario" (Kalandraka).

Other books from the same author in Spanish