Pedro Proença

Angola, 1962

Artista lisboeta, malia que naceu en Lubango, capital da provincia angoleña de Huíla. Na súa adolescencia comezou a debuxar cómics, aos que seguirían poemas neo-futuristas e manifestos neo-dadaístas, que o encamiñaron á creación dun colectivo artístico. En 1981 puxo en marcha o Movemento Neo-Caníbal, que evolucionou cara ao chamado Movemento Homeostético, posiblemente o grupo máis inconformista da arte portuguesa nos anos 80. Na década dos 90 adicouse á ilustración, participando na elaboración de revistas infantís e libros ilustrados, e colaborando con escritores como Camões ou Saramago. Publicou varios libros propios de poesía, ficción, ensaio e tipografía.

Other books from the same author in Spanish