Luís Rei Núñez

A Coruña, 1958

Desde a súa estrea literaria, en 1982 con "Para matar ao tempo", mantense fiel ao xénero poético, con obras como "Arca dos faiados" (1985), "A rolda invisible" (1988) e "A casa da brétema" (1994), reunidas logo nun único tomo: "A rolda invisible" (2000). Posteriormente saíu "Alma mareira" (2003). Ademais, é autor dunha extensa obra narrativa que inclúe títulos como "Expediente Artieda" (2000), "Toda a vida" (2005), "O señor Lugrís e a negra sombra" (2007), "Monte Louro" (2009), "Cita en Fisterra" (2011) e "Días que non foron" (2013), aos que hai que engadir a biografía de Rafael Dieste "A travesía dun século" (1987) e o volume de ensaios "Poetas Andantes Navegantes" (1995). Recibiu os premios Xerais, Blanco Amor e da Crítica Española, entre outras distincións.