Michael Rosen

Harrow, Middlesex, 1946

Ao rematar os estudos no Wadham College de Oxford, en 1969 empezou a traballar na BBC e foi guionista de programas infantís educativos. En 1974 publicou o seu primeiro libro de poesía para nenos. Nos 90 completou a súa formación sobre literatura infantil nas Universidades de Reading e North London. Impartiu clases na Universidade de Londres. Presenta un magazine radiofónico na BBC. Ten recibido numerosos premios, como o Children's Laureate en 2009, e recoñecementos académicos nas Universidades de Exeter, Nottingham e East London, entre outras. Foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno francés. En 2010 a Unión Nacional de Profesores concedeulle o Premio Fred y Anne Jarvis.

http://www.michaelrosen.co.uk/