Maurice Sendak

Brooklyn, Nova York (EEUU), 1928; Connecticut (EEUU), 2012

Dende 1951 realizou máis de 90 libros infantís, unha prestixiosa traxectoria pola que recibiu en 1963 a Caldecott Medal, en 1970 o Premio Andersen e o Premio Laura Ingalls Wilder en 1983. En 1996 o Goberno dos Estados Unidos entregoulle a Medalla Nacional das Artes e en 2003 concedéronlle o Premio Internacional Astrid Lindgren de Literatura Infantil, compartido coa autora austriaca Christine Nöstlinger. Estudou Pintura e Debuxo na Art Students League de Nova York. Impulsou unha auténtica revolución no panorama literario infantil polas ideas, a forma e o contido dos seus libros. [Imaxe de John Dugdale ©]

Other books from the same author in Spanish