Xavier Seoane

A Coruña, 1954

Escritor, profesor, conferenciante e articulista, parti-cipa dende os anos 70 na renovación cultural de Galicia. Membro fundador de Luzes de Galiza e do grupo De amor e desamor, entre os seus libros de poesía destacan "Don do horizonte" (1999), no que reuniu a súa obra poética ata esa data, "Dársenas do ocaso" (2002), "Vagar de amor e sombra" (2004), "Para unha luz ausente" (2006), "Do ventre da cóbrega" (2008) e "Raíz e soño" (2009). Cultiva o ensaio artístico: "Identidade e convulsión" (1990) e "Reto ou rendición" (1994); e tamén o ensaio humanístico: "Atravesar o espello" (2000), "O sol de Homero" (2002) e "Saudar a vida" (2007); ademais da narrativa: "Ábrelle a porta ao mar" (2000) e "Filiberto e Sofonisba" (2010). Recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior.