Martín Veiga

Noia, 1970

É poeta e profesor titular de Estudos Hispánicos na University College Cork, onde tamén dirixe o Irish Centre for Galician Studies e, ademais, codirixe a revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies. Como investigador, é autor da monografía "Escribir na multitude: A obra literaria de Antón Avilés de Taramancos" (2014) e doutros estudos académicos sobre poesía contemporánea, tradución literaria e literatura de viaxes no ámbito ibérico. A súa traxectoria poética comezou coa publicación do libro "Tempo van de porcelana" (1990), ao que lle seguiron títulos como "As últimas ruínas" (1994, Premio Espiral Maior), "Ollos de ámbar" (2005, Premio Esquío) e "Fundaxes" (2006, Premio Fiz Vergara Vilariño).