Jostein Gaarder

Oslo, 1952

Durante unha década foi profesor de Filosofía e Historia das Ideas nun instituto de Bergen. Comezou a súa traxectoria literaria en 1986 e en 1990 foi distinguido co Premio da Crítica e co Premio literario do Ministerio de Cultura noruegos. Tamén foi galardoado co Premio Conde de Barcelona 1995, o Premio Arcebispo San Clemente 1996 e a Pluma de Prata 1996. "O mundo de Sofía" foi un éxito mundial, a raíz do cal creou a Fundación Sofía, que cada ano convoca un premio ao mellor labor innovador a prol do medio ambiente e da defensa da natureza.