Jacqueline Kelly

Nova Zelanda, 1964

Pasou a súa nenez en Canadá, país ao que se mudou coa súa familia ao pouco de nacer. Os bosques de Vancouver Island foron o escenario dos seus xogos infantís; unha experiencia que marcaría o seu apego ao medio natural. Actualmente vive en Texas, entre a cidade de Austin e a campiña de Fentress. Estudou Medicina en Galveston e Dereito na Universidade de Texas, exercendo tanto de doutora como de avogada durante varios anos antes de adicarse á literatura. "A evolución de Calpurnia Tate" foi a súa primeira novela, publicada en 1999. A obra deseguida conseguiu o recoñecemento do público e da crítica: gañou o Premio Newbery Honor e o Bank Street-Josette Frank Award en 2010. 

www.jacquelinekelly.com/