Éric-Emmanuel Schmitt

Lyon, Francia, 1960

Profesor de filosofía, dramaturgo e novelista. É un dos autores máis representados en Francia; moitas das súas obras teatrais estreáronse en máis dunha trintena de países. A Academia Francesa outorgoulle en 2001 o Gran Premio do Teatro polo conxunto da súa obra. Na súa produción narrativa, destaca "L'Evangile selon Pilate", que recibiu varios galardóns. De "O señor Ibrahim e as flores do Corán" fíxose unha adaptación cinematográfica dirixida por François Dupeyon, con Omar Shariff e Pierre Boulanger. A película foi galardoada co premio ao mellor actor no Festival de Venecia 2003 e o César ao mellor actor, equivalente ao Goya en España. No noso país fíxose unha adaptación teatral, con dirección de Ernesto Caballero.