Lolita Bosch

Barcelona, 1970

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Barcelona, cun posgrao en Literatura Iberoamericana e cursando actualmente un doutorado en Filosofía sobre Cidadanía e Dereitos Humanos. É autora de varios libros de ensaio, novela, poesía e literatura infantil-xuvenil que foron traducidos a varios idiomas. Recibiu diversos premios de xornalismo, investigación e literatura, como Serra d'Or, Talent Jove Narrativa e Omnium Cultural. Dende 2006 dirixe o Colectivo FU de Literatura e impulsa un portal mexicano pola paz. En México, país onde viviu durante anos e que considera a súa casa, fundou a Escola Dinámica de Escritores; traballa con vítimas da violencia, especializouse na guerra contra o narcotráfico e colabora habitualmente con prensa, colectivos e institucións. Presentou o seu traballo literario pola paz en prestixiosas universidades de todo o mundo, como Harvard, Columbia, Diego Portales ou Saint Andrews. [Fotografía:Scot Chasserot]

http://www.lolitabosch.com/

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz