Carlo Collodi

Florencia (Italia), 1826; Florencia (Italia), 1890

Antes de escritor foi funcionario, xornalista e creador de revistas de humor. Empezou en 1875 a escribir literatura infantil, adaptando contos populares e creando libros didácticos que lle deron moita fama. En xullo de 1881 publicou no ‘Giornale dei bambini’ o primeiro capítulo de “Le Avventure di Pinocchio”, unha serie que tivo un gran éxito e que se editaría dous anos máis tarde en formato libro. Só en Italia lévanse vendidos un millón de exemplares.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz