Kiko Dasilva

Vigo, 1979

Autor de banda deseñada, ilustrador e editor. Licenciado en Belas Artes (especialidade de Pintura). Iniciou a súa traxectoria profesional en 1998. Publica viñetas no diario La Voz de Galicia e colabora semanalmente na revista El Jueves. Tamén participou nas publicacións Golfiño e Mister K. Como ilustrador destacan os títulos "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", "Sar, Sarela e os monstros de Compostela" editados por KALANDRAKA, e "Fiz" no selo FAKTORÍA K. Foi co-fundador da revista BD-Banda (premio do Salón do Cómic de Barcelona 2007). Ademais, creou a editorial Retranca, na que edita as revistas de humor gráfico Fiz e Retranca (premio do público á mellor revista no Salón do Cómic de Barcelona 2007). Realiza cartaces para obras de teatro, salóns do libro e festivais de entroido. Ilustrou murais para salas infantís de varias bibliotecas. Ten impartido obradoiros de banda deseñada e ilustración para público infantil e adulto en Galicia e no resto de España, Portugal, Francia e Italia. Actualmente é o director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración "O Garaxe Hermético", en Pontevedra.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz