José Gardeazabal

Lisboa, 1966

José Gardeazabal é o seudónimo de José Tavares. Aínda que reside actualmente na capital portuguesa, viviu en Luanda, Aveiro, Boston e Os Ánxeles. Doutorouse na Universidade de Harvard cunha tese sobre a relación entre a democracia e a política económica. Coa súa primeira obra, História do século vinte, gañou o premio de poesía Imprensa Nacional Casa da Moeda/Vasco Graça Moura en 2016. Ese mesmo ano publicou o Dicionário de Ideias Feitas em Literatura, un volume de relatos curtos, e en 2017 publicou a obra de teatro Trilogia do Olhar. Seguiulle, un ano despois, a súa primeira novela, Meio homem, metade baleia. Con este título debuta na literatura en español. Ademais, o autor forma parte do proxecto europeo CELA (Connecting Emerging Literary Artists), no que participan escritores, tradutores e profesionais do ámbito literario procedentes de España, Portugal, Bélxica, Holanda, Italia e Rumanía.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz