Jordi Gastò

Barcelona, 1976

Estudou Historia da Arte e Restauración, completando a súa formación nos ámbitos do teatro, do cinema e da poesía. É escritor, guionista e director escénico, con obras de autoría propia estreadas en España e mais en Francia. Dedícase profesionalmente á música clásica, faceta que compaxina coa literatura, ademais de colaborar en varias revistas especializadas en literatura infantil.