Mordicai Gerstein

Os Ánxeles, 1935

Pintor e escultor, escritor, director de cine, ilustrador e autor de libros infantís. Estudou no Instituto de Arte Chouinard e posteriormente, en Nova York, traballou durante uns 25 anos realizando películas de animación para televisión. En 1980 empezou a escribir e ilustrar os seus propios libros. Foi galardoado coa Medalla Caldecott e co premio Boston Glove-Hornbook en 2004, entre outras distincións, tamén no ámbito cinematográfico.