Artur Heras

Xàtiva, 1945

Artur Heras, que estudou na Escola de Belas Artes San Carlos de Valencia, traballa no mundo gráfico dende hai corenta anos. Empezou facendo cartaces das súas propias exposicións, continuou ilustrando libros para editoriais europeas e intensificou o seu labor -como deseñador gráfico e de exposicións- dende finais dos 70 ata os nosos días. Director-fundador da Sala Parpalló dende 1980 a 1995. Comisariou mostras documentais sobre escritores e temas históricos. Entre as súas exposicións personais destacan: Bandera-bandera (Fundación Miró, Barcelona, 1980); El camino del arte (Sala Parpalló, Valencia, 1992); Retrospectiva BHA (IVAM, Valencia 1995); Despulles (Fundación Bancaixa, Valencia, 2000); L’èvidence eternelle  (CAC Perpignan, 2005). En 1985 o Ministerio de Cultura e Educación outorgoulle o premio ao mellor deseño de libro. En 1993 recibiu o Premio Alfons Roig da Deputación de Valencia pola súa achega á arte contemporánea. En 1997 o Ministerio de Cultura francés nomeouno Chevalier des Arts et des Lettres. (Foto: Salva Nebot)

http://www.arturheras.com/

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz