Gracia Iglesias

Madrid, 1977

Licenciada en Xornalismo (Universidade Complutense), traballa como escritora, performer, narradora e actriz, facetas que compaxina coa docencia e a colaboración radiofónica. Fundou e dirixiu o espazo cultural Oropéndola (Guadalaxara). É autora de varios libros de poemas, polos que recibiu o premio Gloria Fuertes 2001 e o Premio Nacional de Poesía Fundación Miguel Hernández 2004. Por un dos seus traballos para público infantil tamén gañou o Premio Luna de Aire 2009. A súa actividade literaria complétase con obradoiros de escrita creativa e de creación artística, contacontos e espectáculos cos que actuou en varios países. A súa obra foi traducida a distintos idiomas.

http://graciaiglesias.blogspot.com/

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz