Rudyard Kipling

Bombay (India), 1865

Pasou na India os seus primeiros seis anos de vida e foi enviado a Inglaterra -país de procedencia da súa familia- para estudar. Regresou en 1882 para adicarse ao xornalismo. Aos 21 anos publicou o seu primeiro libro, de poemas, e ao ano seguinte, unha obra narrativa: "Cuentos simples de la colinas" (1887). Ata 1889 publicou outros seis títulos máis: "Tres soldados", "Bajo los cedros deodaras", "El rickshaw fantasma", "La historia de los Gadsby", "En blanco y negro" e "El pequeño Guillermo Winkie". Nesta época destaca tamén o relato curto "El hombre que pudo ser rey" (1888). Despois de contar as experiencias das súas viaxes por Xapón e Estados Unidos nunha serie de cartas publicadas no xornal The Pioneer e posteriormente na obra "De mar a mar" (1889), escribiu varias narracións indias que reuniu en "Peripecias de la vida" (1891). Autor identificado co imperialismo británico da época victoriana, é autor dos poemarios "Canciones de cuartel" (1892), "Siete mares" (1896) e "Las cinco naciones" (1903). Antes de casar con Carrie Balestier e de instalarse en Vermont, percorreu Sudáfrica e Australia, para volver a Estados Unidos. Alí creou textos de influencia americana e exaltación da natureza: "Invenciones varias" (1893), "El libro de la jungla" (1894), "El segundo libro de la jungla" (1895) e "Capitanes intrépidos" (1897). Seguíronlle a novela de espionaxe "Kim" (1901), "Precisamente así. Historias para niños" (1902) e outros libros xuvenís: "Puck" (1906) e "Recompensas y hadas" (1910). En 1907 concedéronlle o Premio Nobel -o primeiro británico distinguido con este galardón- e, en 1926, a medalla de ouro da Royal Society of Literature. O seu legado literario como escritor e poeta componse de cinco novelas, máis de 250 historias curtas e 800 páxinas de versos.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz