Åsa Lind

Karbäcken, Suecia, 1958

Pasou a nenez nunha vila ao norte de Suecia, escoitando contos de fadas e forxando o seu interese pola literatura, antes mesmo de aprender a ler. Escribiu máis de 200 contos radiofónicos e en 1995 publicou o seu primeiro libro. Tras compaxinar a faceta de autora co xornalismo, na actualidade traballa exclusivamente como escritora. Cunha vintena de obras, forma parte da Academia Sueca de Literatura Infantil. Recibiu, entre outros, os premios Nils Holgersson 2003 e Kulla-Gulla 2014.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz