Violeta Lopiz

Ibiza, 1980

As súas mans de ilustradora aprenderon na Escola de Oficios, e a súa cabeza, nas prácticas que fixo para o diario El Mundo. Tamén lle aportaron nas súas conviccións os obradoiros con Javier Zabala, Linda Wolfsgruber e Józef Wilko, entre outros ilustradores. A súa vida laboral transcorreu rápido e circulou por xornais, revistas, libros autoeditados e libros de texto, paralelamente aos proxectos personais que sempre ten en mente. Violeta enche as súas ilustracións de todo aquilo que experimenta, por iso non será raro atopar restos de música, claquet e viaxes no seu traballo. Algo que a caracteriza é que converte cada encargo nun novo reto, onde explora tanto as posibilidades do proxecto como as súas propias.

http://www.violetalopiz.blogspot.com.es/

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz