Isabel Minhós Martins

Lisboa, 1974

Estudou Deseño de Comunicación na Facultade de Belas Artes de Lisboa. Traballou nunha axencia de comunicación pedagóxica realizando proxectos educa-tivos. É unha das fundadoras de Planeta Tangerina, que comezou sendo un estudo de servizos educativos e converteuse en editorial, onde publicou varios libros como autora; entre eles, "P de papá" (KALANDRAKA), Mención de Honra no Premio aos libros mellor deseñados do mundo (2008). Foi finalista do I Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra "Ovelliña, dáme la" (KALANDRAKA). Tamén foi nominada en 2010 aos Premios de Autor da SPA/RTP e, nese mesmo ano, unha das súas obras foi seleccionada polo Banco do Libro de Venezuela. Os seus textos publicáronse en varios países de Europa, América e Asia. 

http://www.planetatangerina.com/pt

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz