Pablo Picasso

Málaga, 1881; Mougins (Francia), 1973

Pintou o seu primeiro cadro aos oito anos de idade. Extraordinario artista, foi ao tempo pintor, debuxante, escultor, gravador e ceramista. Creador, xunto con Braque, do cubismo: simplificaba e descompoñía as formas, retorcía os rostros e dislocaba os corpos. De fronte e de perfil, pintaba todos os ángulos dun tema á vez. Picasso atopábase en Francia cando soubo do terrible bombardeo de Guernica. Conmovido e indignado, realizou un centenar de estudos preparatorios e rematou un monumental fresco en menos de dous meses. Convertido nun dos cadros máis coñecidos e admirados da historia da Arte, o Guernica simboliza para todo o mundo o horror da guerra. Pablo Picasso realizou máis de 30.000 obras.

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz