José Manuel Saraiva

Porto, 1974

É licenciado en Deseño de Comunicación e máster en Teorías da Comunicación pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto; actualmente realiza a súa tese doutoral no Departamento de Deseño de Comunicación na mesma facultade, co título "As funcións da ilustración no álbum narrativo para nenos en Portugal dende o século XX ao XXI". Imparte clases de ilustración e deseño na Escola Superior de Arte e Deseño de Matosinhos. A súa obra foi premiada pola Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, a Society of Illustrators e a Bienal Internacional de Ilustración para a Infancia Ilustrarte, de Portugal, así como por entidades como a Communication Arts ou o Graphis New Talent Design. En 2012 recibiu unha mención especial do Premio Nacional de Ilustración no seu país por "Cesário Verde, antologia poética", publicada por KALANDRAKA, que tamén foi incluida na Lista de Mérito 3x3 Contemporary Illustration Magazine.

http://josesaraivailustrador.blogspot.com.es