Arianna Papini

Florencia (Italia), 1965

Estudou Arte e Arquitectura. Dende 1988 traballa na editorial Fatatrac. Impartiu clases na Facultade de Arquitectura de Florencia, onde realizou estudos sobre o deseño de libro-xogos. Tamén participou en cursos do Liceo Artístico de Florencia, da Asociación de Ilustradores de Milán e doutros colectivos do eido cultural. Traballa profesionalmente como escritora, ilustradora e pintora. Realiza actividades infantís de animación á lectura e obradoiros artísticos para nenos en escolas e bibliotecas. A súa produción editorial abarca máis de 40 libros publicados en Italia por Fatatrac, Lapis, Edicolors e outras editoriais. A súa obra exhíbese en exposicións individuais e colectivas. Recibiu o Premio Andersen da Infancia, o Premio delle Palme, ou o Premio Nacional Libro per l'Ambiente, entre outros. Coa obra "Que che gustaría ser?" (Kalandraka) foi finalista do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Foi seleccionada para a mostra Ibby 2011.

http://www.ariannapapini.com/

Egile beraren beste liburu batzuk gazteleraz