Chévere

Chévere é unha compañía de axitación teatral -con 30 anos de traballo ao lombo- que soubo manter con naturalidade unha proposta tan irreverente como xenuína e un sólido compromiso social, político e cultural, levando ao escenario os debates do presente con humor e unha linguaxe contemporánea accesible a públicos moi diversos. Chévere creou a Nave de Servicios Artísticos - Sala NASA en 1992, un espazo de referencia para a cultura independente, no que se inventaron as Ultranoites. Desde 2012 traballa en residencia no concello de Teo (A Coruña), compatibilizando as súas creacións cun proxecto de integración na comunidade. En 2015 puxo en marcha a Berberecheira, unha iniciativa de custodia do territorio teatral para sementar proxectos creativos sostidos en redes estables de cooperación. Na súa traxectoria destacan o Premio da Crítica de Barcelona 1996, o Premio da Crítica Galicia 2011, o Premio de Honra da MIT de Ribadavia 2012 e o Premio Nacional de Teatro 2014. http://www.grupochevere.eu

http://redenasa.tv/es