Luisa Aguilar

Asturias, 1974

Foi autora e actriz de Kamante Teatro de 1991 a 2010. Na compañía asturiana iniciou a súa formación escénica, que completou con cursos en España, Italia, Brasil e México. Dende 2010 reside en México, onde iniciou o seu propio proxecto artístico vencellado non só á escrita e ao teatro, senón tamén ao cine, á televisión e á moda. Os seus textos teatrais e espec-táculos producidos por Kamante recibiron o recoñe-cemento do público e da crítica en festivais de teatro e monicreques de España, Italia, México, Arxentina e Brasil. Recibiu o Premio Europeo Nuove Mani (Italia, 1999) para novos creadores e o Premio á Mellor Actriz na Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas (Feten 2007) pola obra "¡Que viene el lobo!".

http://luisaaguilar-volendrina.blogspot.com.es/