Fran Alonso

Vigo, 1963

Escritor e editor, colaborador habitual da prensa galega, é autor, entre outros libros, de “Cemiterio de elefantes” (1994), “Silencio” (1995), “O brillo dos elefantes” (1999), “Subversións” (2001) e “Males de cabeza” (2001), novela publicada en castelán por FAKTORÍA K. Foi galardoado con premios literarios como o Blanco Amor de Novela, o Rañolas de Literatura Infantil e o Losada Diéguez de creación literaria. Algunha das súas obras recibiu a distinción The White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich.

http://www.franalonso.gal

Outros libros do mesmo autor en castelán