Xosé Ballesteros

Vigo, 1956

Editor, co-fundador de KALANDRAKA, escritor e tradutor. Publicou, entre outras obras, a novela "Talego" (Xerais, Premio García Barros). No eido da Literatura Infantil e Xuvenil é autor da serie "Os Gordibolas" (Xerais), do libro "Imaxina animais" e adaptou contos tradicionais como "O coelliño branco", "O traxe novo do rei", "Tío Lobo", "Os tres osos", "Os tres porquiños" e "Os sete cabritos" (KALANDRAKA), ademais de traducir ao castelán a antoloxía "Fernando Pessoa: selección poética" (FAKTORÍA K, 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2015).