Istvan Banyai

Budapest, 1949

Estudou Belas Artes na Universidade Moholy-Nagy de Arte e Deseño, en Budapest. En 1981 instalouse en Estados Unidos, onde empezou a traballar para publicacións como Atlantic Monthly, Time, The New Yorker, Playboy ou Rolling Stone. Tamén se dedicou á industria discográfica e audiovisual deseñando portadas de discos para Sony ou Verve Records, e curtas de animación para canles como Nickelodeon e MTV Europa. "ZOOM", publicado por primeira vez en 1995, foi o seu primeiro libro infantil e publicouse en 18 idiomas. A este título seguiríanlle outros da súa propia autoría, aínda que tamén ilustrou textos de escritores e poetas. Despois de vivir en Budapest, París, Os Ánxeles e Manhattan, actualmente reside en Connecticut coa súa familia. [Foto: Matteo Corradini]

http://www.ist-one.com/