Isaac Bashevis Singer

Polonia, 1902; Miami, 1991

De orixe xudía, foi un dos últimos grandes autores yiddish. Fillo e neto de rabinos, medrou en Varsovia e en 1935 emigrou a Nova York fuxindo da persecución nazi. Traballou no xornal The Forward e dedicouse á literatura, publicando case cincuenta novelas e milleiros de artigos nos que plasmou o conflicto dos exiliados entre as tradicións da súa relixión e o avance do laicismo. En 1973 recibiu o National Book Award e no 1978 o Premio Nobel de Literatura.

https://www.bashevissinger.com

Outros libros do mesmo autor en castelán